BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN NO SORTEO

<<GAÑA UN ABONO NUMAX ANUAL CON CULTURAeMANTEL>>

 

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA DO SORTEO

CULTURA E MANTEL, representada por Alba Mouriño Cernadas e Rita Bello Calvo, organiza o sorteo (en diante, “o Sorteo”) de ámbito galego, a desenvolver a través de Instagram, de acordo co disposto no apartado requisitos de participación.

CULTURA E MANTEL premiará aos seus seguidores regalando 1 abono anual para canxear na NUMAX (ou unha renovación gratuíta se xa está abonado/a).

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O sorteo comezará o martes 29 de agosto e finalizará o 10 de setembro ás 12h.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO SORTEO

-Requisitos

Os sorteo desenvolverase a nivel local (Ámbito Galego). Poden participar no Sorteo todas as persoas físicas que seguiran os pasos correctamente.

Os Participantes só poderán participar cun único perfil de Instagram. Se se detecta que un Participante participa con varios perfís serán descualificados.

O perfil de Instagram debe ser real: non debe conter unha identidade falsa, segundo criterio e valoración das empresas organizadoras.

Non se aceptarán en ningún caso palabras mal soantes, faltas de respecto a terceiros, contido indecoroso e que se considere non axeitado por danar o bo fin do sorteo.

-Mecánica

– Os Participantes deberán seguir o perfil de @culturaemantel e de @numaxcoop en Instagram

– Dar «me gusta» á publicación.

– Comentar a publicación mencionando (etiquetando) a unha persoa.

4.- CONDICIÓNS DO SORTEO

Entrarán a formar parte do sorteo todos aqueles usuarios cuxa participación cumpra cos termos fixados nas presentes bases legais.

CULTURA E MANTEL nomeará ao gañador a través dunha mención e por mensaxe privada. No caso de que o premio outorgado fose rexeitado ou o participante seleccionado non cumpra os requisitos, CULTURA E MANTEL pasará a comunicar ao suplente.

CULTURA E MANTEL resérvase o dereito de non considerar como participación aqueles nomes utilizados que sexan indecorosos, propiedade de terceiros, que conteña marcas ou elementos protexidos, uso de perfís falsos ou en xeral que contraveñan o espírito do sorteo. Neste suposto, o usuario perderá o seu dereito de participación no sorteo.

5.- PREMIOS

O premio consistirá 1 abono anual para canxear na NUMAX (ou unha renovación gratuíta se xa está abonado/a) co que se poderá acceder á sala de cinema por só 4€ durante 12 meses e gozar dun desconto do 5% nas compras da Libraría.

A celebración do sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

6.- ENTREGA DO PREMIO

O domingo 10 de setembro do 2023 efectuarase o sorteo a través da aplicación SORTEA2, onde se incorporarán os nomes dos participantes que se axusten aos requisitos, para de xeito aleatorio escoller ao gañador do sorteo.

CULTURA E MANTEL publicará na súa conta de Instagran o gañador do sorteo. O gañador recibirá tamén unha mensaxe privada desde un perfil administrador do perfil de CULTURA E MANTEL. O gañador deberá aceptar o premio obtido e indicar os seus datos persoais para a xestión do premio a través do envío dun email ao correo electrónico facilitado na mensaxe privada ou contestando directamente o correo.

Se pasan 48 horas desde que se enviou a mensaxe e non contesta confirmando a recepción e conformidade co premio, pasarase ao suplente e no caso de que non responda confirmando a recepción e conformidade co premio, o mesmo quedará deserto.

7.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros.

Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os Participantes no Sorteo, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros Participantes.

A participación no presente Sorteo, así como a publicación dos comentarios que se realicen por parte dos Participantes nas publicacións non poderán vulnerar baixo ningún concepto as Regras comunitarias de Instagram nin as Condicións de uso de Instagram.

Se se descubrise por parte de CULTURA E MANTEL o emprego de medios fraudulentos para a participación, tales como o emprego de bots nos comentarios, o premio non lle será adxudicado.

9.-EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o sorteo suporá a descualificación automática do sorteo así como a perda do premio se fora o gañador.

CULTURA E MANTEL e NUMAX, S. Coop. Galega quedan eximidas de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación.

CULTURA E MANTEL e NUMAX, S. Coop. Galega resérvanse o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do sorteo.

CULTURA E MANTEL e NUMAX, S. Coop. Galega exclúen calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.

CULTURA E MANTEL resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases.

CULTURA E MANTEL resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do sorteo, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Exímese a CULTURA E MANTEL e NUMAX, S. Coop. Galega de calquera responsabilidade no caso de que xurda algunha incidencia que poida evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado. Así mesmo, exímese a CULTURA E MANTEL de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.

10.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: ALBA MOURIÑO (CIF: 45860666T) E RITA BELLO (CIF: 45872349E)

Enderezo: Rúa de Sar, 10, Bajo, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

Correo electrónico: culturaemantel@lasdos.es

Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recadados para a participación no sorteo: “GAÑA UN ABONO NUMAX ANUAL CON CULTURAeMANTEL”

Lexitimación: Consentimento do interesado.

Dereitos do interesado:

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.

– Potabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.

Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

11.- CAMBIOS E ACEPTACIÓN

Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos Participantes na Promoción. O mero feito de participar no sorteo implica que o Participante acepta totalmente as condicións destas Bases Legais. Así mesmo, a participación nun sorteo desta natureza supón a aceptación das normas da rede social Instagram a través do cal se desenvolve o mesmo.

Instagram non patrocina, avala, administra de modo algún esta promoción, nin están asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a CULTURA E MANTEL e non a Instagram. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.

12.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.